CASting en la montaña con Rosa Vaamonde
Vamos allá.
Leedlo con calma,
vale la pena.
Hoy en CASting
tenemos a un personaje típico de los montes galaicos.
Conocida por
muchos y apreciada por todos, no sabíamos muy bien como Rosiña, fue a caer en
las zarpas del CAS, hoy se encarga de desvelarnos el secreto.
Se ha ganado el
cariño de todos por su compañerismo y la alegría que pone en todo lo que hace
(aunque a veces parece que muerde).
Polifacética en
los deportes y en sus habilidades, lo mismo la puedes ver corriendo por el
monte como… bueno, cualquier comparación animal me puede costar un disgusto, así
que mejor, como una loca (mejor ¿no? Rous) , que remando en un kayak que sería
la envidia de David Cal, que ejerciendo de hooligan del Crat.
Leed su blog vale
la pena: http://cronicasdomaquis.blogspot.com.es.
Es más que interesante.
(¿Fixeno ben Rosiña?, El Grinch)
1 -
NOME: Rosa
Vaamonde
2 –
DATA DE NACIMIENTO: 18/10/1966
3 –
PROFESIÓN: Funcionaria
4 –
UNHA COMIDA: Calquera que non
perpetre eu.
5 – UNHA BEBIDA: Antes e durante: auga de coco e auga. Logo xa veñen as birras, que son a miña auténtica motivación pa afojar polo monte. O ben que saben despois.
6 -
PARA IR O MONTE, ¿DIVINA DA NORTE OU COA CARA LAVADA?: Bueno,
eu coa cara lavada tou ijualmente divina da morte, pero normalmente poño
protección, non vaia ser o demo. Protección con color desa que logo mancha os
panos, as luvas, o buff e veña todo lixado. Ti usas protección verde, Grinch?
7 -
¿DESDE CANDO NO MONTE?: Mellor
sería “para cando o monte?”. Polo de ajora, e desde hai dous anos, son
trotadora ocasional de pistas, montículos, outeiros e montes pequerrechiños.
8 -
¿POR QUE A MONTAÑA?: Por
que o monte? [corrixo eu] Porque
aborrecín correr en asfalto. Paréceme aburrido e lesivo. Cando viñen vivir a
Coruña a cidade facíaseme demasiado asfáltica e fun virando cada vez máis a
saír por pistas de terra (polo Mero, a Torre, San Pedro e Bens). Logo, a
primeira vez que pisei unha carreira montuna, a subida por San Pedro de Rochas
en Esgos, decateime de que dera xusto co que estaba buscando. E non, non me
refiro a chejar de última. Trátase de que ademais da beleza da paisaxe, o
ambiente é outro mundo: a xente máis relaxada, falas moito, combinas carreira,
trote e reptar nas encostas, fas moitas risas, caes de cu, botas moitos
xuramentos, éncheste de merda, enchóupaste, maldís o momento en que te
inscribiches, paras a axudar a un acalambrado / esguinzado ou o que se tercie,
impórtache un pemento o tempo e cando volves para a casa o subidón é tal que
mesmo cando nos días seguintes ao baixar as escaleiras tes que termar deses
adoquíns que che saíron no sitio dos cuádriceps, debúxaseche no careto un
sorriso bobalicón e xa estás devecendo por outra.
9 -
¿QUE CHE GUSTA FACER NO MONTE?: Apampar, perderme, mollar os
pés, encherme de merda (dispensando), perder os foljos, perder a noción do
tempo, rir, suar, deixarme ir, deixar a mente en branco, desfrutar o momento.
10
– CAL FOI O TEU MAIOR LOGRO NO MONTE?: Parar para axudar cando foi
necesario. Son unha pésima trotadora, así que o máis meritorio que poida ter
feito é botar unha man. Home, tamén me fixo ilusión completar 53 km no Camiño dos Faros,
pero máis que estar orgullosa por min o que me quedou foi un profundo agradecemento
cara á organización e a xente que me acompañou no camiño. O mérito é deles. E
os que fixeron os 203 xa non che quero contar!
11
– UN LUGAR ONDE NON CANSAS DE IR: As Fragas do Eume. Gustaríame
ter máis tempo para chegar a aborrecer sitios preciosos, pero como non o teño e
as Fragas están a man, podo confirmar que non as aborrezo por moito que vaia.
12
– UN LUGAR ONDE NON VOLVERÍAS: Mentres estou correndo sempre
hai un momento en que digo que non volvo correr nunca máis, pero lojo se me
pasa a tontería. En realidade volvería a todos os poucos montes que coñezo.
Pero dos entrenos que fixen, o lugar que menos me gusta é a Zapateira, que para
a xente de Coruña é moi socorrida pola proximidade, pero pouco agradable.
13
– UN LUGAR ONDE TE GUSTARÍA IR: Quizais
algún día correr nalgunha desas marabillosas probas de Madeira e Canarias que
soamente vin en fotos e me dan envexa da malísima.
14
– ALGO QUE SEMPRE LEVAS AO MONTE: Compañía.
Correr pola cidade asócioo xeralmente a un hábito solitario, pero o monte pide
ir en grupo.
15
– ALGO QUE NUNCA LEVAS AO MONTE: Présa.
16
– UNHA PROBA NA QUE CHE GUSTARÍA TOMAR PARTE. Calquera
á que teña ocasión de ir por axenda (copada) e forma física (lamentable) Se
pode ser, cunha parte nocturna; este verán corrín por primeira vez con frontal
e descubrín en min unha veta mineira oculta ou aljo así.
17 -¿SON
AS MULLERES DE MONTE TAN RUDOS COMO DIN?, ¿E OS HOMES?
Somos xente requintada e sensible, cajonojlorio.
Somos xente requintada e sensible, cajonojlorio.
18
– UN RETO: Divertirme. Non
mancarme. Ir sacando tempo para poder escapar ao monte de cando en ves.
19
– RECOMÉNDALLE A ALGUÉN O MONTE: Estou
eu, que máis se pode pedir? Ja, ja,
ja!!!!!
20
- ¿POR QUE OU POR QUE NON CAS? Un
día fun á carreira da Auga en Sada, e cando rematou había toldo, paparota, xente
que berraba coma se falasen dunha leira a outra, un que me servía birra dunha
xarra, outros que xogaban ao rugby cunha bica larpeira, e non sei como foi que
acabei do CAS, ijual botáronme droja. Así que se che gusta a birra, os toldos,
as paparotas, xogar ao rugby cunha bica larpeira e berrar, faite do CAS.
21
– CÓNTANOS O QUE QUEIRAS. Que tal publicitei o CAS?
Justouvos?
(Gracias guapisima, sabemos lo dificil que es conseguir una entrevista con una famosa como tu)
(Gracias guapisima, sabemos lo dificil que es conseguir una entrevista con una famosa como tu)